fbpx

Inicio2020-03-23T15:17:25+01:00

O Arteixo CCA solicita ao Concello que habilite canto antes liñas de axuda directa aos comerciantes e hostaleiros

Esíxese tamén a exención de taxas como as de lixo, IBI, auga e terrazas mentres dure a situación de emerxencia sanitaria.

Unhas medidas máis necesarias dende que se estendeu a corentena quince días máis.

O Arteixo Centro Comercial Aberto, entidade que engloba ao comercio e hostalaría da vila, reclama ao Concello de Arteixo unha mesa de comercio telemática e urxente para trasladar a situación que está a sufrir a economía local e tomar medidas que palien a dramática situación a consecuencia da crise sanitaria que se prolongará durante quince días máis.

A supresión, e non o aprazamento, do pago de todos os impostos locais, coma o IBI ou as taxas pola actividade económica –auga, lixo ou terrazas- son as primeiras medidas que a entidade local solicita a Carlos Calvelo, alcalde de Arteixo, que se leven a cabo.

Pero tamén se urxe a facer a convocatoria desa mesa para establecer unha estratexia de recuperación do pequeno comercio e a hostalaría dende agora, pois «hai problemas, como o impago a provedores por falta de liquidez que están acontecendo a día de hoxe e que non poden esperar ata a imprecisa data na que remata a corentena», comenta Paula Díaz, Presidenta do Arteixo CCA. Por iso reclaman a habilitación de liñas de apoio que vaian dos 3.000 aos 5.000€ para poder facer fronte a eses pagos urxentes, ou a asunción dos gastos correntes coma a subministración eléctrica. «Uns créditos sen intereses e con largo prazo de devolución para que non pesen aínda máis no desexado momento no que se poida volver levantar o enreixado», precisa Díaz.

«É necesario poder manter todos os postos de traballo en Arteixo, pois esta situación afecta a toda a veciñanza da vila», proseguiu. E por iso outra das solicitudes é establecer axudas ás empresas que manteñan a totalidade dos empregos. «Desta crise temos que saír non só o comercio e a hostalaría, senón tamén os e as veciñas, que son a nosa principal preocupación, pois ademais de familia e amizades, son os nosos primeiros consumidores», dixo a Presidenta.

Reclaman a todas as institucións axilizar os pagos para que os negocios acredores do Concello sexan os primeiros que se poidan seguir movendo e pagando a provedores, xa que a falta de liquidez será máis urxente segundo pasen os días.

Como facer fronte aos alugueres dos baixos comerciais

Unha das principais preocupacións de moitos negocios que non teñen o baixo en propiedade é non ter que pasarlle este problema aos seu arrendadores, sobre todo cando estes son pequenos propietarios. Por este motivo a entidade pide ás institucións solucións á vez que invita ás pemes a negociar. «O mellor que se pode facer é intentar chegar a un acordo cos propietarios dos baixos mentres que no se saquen as axudas, de aprazamento ou redución do aluguer, posto que algúns arrendadores teñen capacidade de asumilo, pero non sempre», comenta Paula Díaz.

Dá comezo a primeira Ruta Gastronómica de Arteixo coa edición de Outono

O Arteixo CCA organiza a primeira edición dunha ruta gastronómica coa temática setas, carnes e legumes, que reúne a 18 locais de Arteixo e Oseiro

Esta mañá presentouse na Oficina de Turismo de Arteixo a primeira Ruta Gastronómica de Arteixo na súa edición de Outono. Unha campaña organizada polo Arteixo CCA coa colaboración do Concello de Arteixo, e que durará un mes, dando comezo este sábado 26 de outubro.

A entidade conseguiu captar a 18 participantes na campaña que ofrecerán propostas de distintos tipos, coma tapas, tostas ou pratos, a distintos prezos, e cada local nos días da semana que decidan. Sempre ligado á temática da campaña “Setas, carnes e legumes”.

“A Ruta Gastronómica é unha das novas campañas que estamos a organizar dende o CCA para continuar coa renovación da nosa entidade”, comentaba David Pena, membro da Directiva do Arteixo CCA na rolda de prensa coa Concelleira de Cultura Ana Bello. “Buscamos ofrecer un formato de campaña que se adapte a todos os modelos de negocio de hostalaría, dende os que traballan máis durante a semana coma os que traballan sobre todo na fin de semana”, continuou.

Esta é a primeira edición dunha campaña que se repetirá en cada estación do ano. O CCA prevé sacar as seguintes en inverno, primavera e verán, “aumentando cada vez máis o número de participantes”, comenta Pena.

 

Arteixo Centro Comercial Aberto

o noso obxectivo?

potenciar e dinamizar o comercio de Arteixo en diferentes actividades profesionais

O Arteixo CCA solicita ao Concello que habilite canto antes liñas de axuda directa aos comerciantes e hostaleiros

Por |23-03-2020|

Esíxese tamén a exención de taxas como as de lixo, IBI, auga e terrazas mentres dure a situación de emerxencia sanitaria. Unhas medidas máis necesarias dende que se estendeu a corentena quince días máis. O Arteixo Centro Comercial Aberto, entidade que engloba ao comercio e hostalaría da vila, reclama ao Concello de Arteixo unha mesa [...]

XIV Edición do concurso de Tapas por Arteixo

Por |23-07-2019|

O CCA de Arteixo celebrará a XIV Edición do Concurso de Tapas por Arteixo, nos días 12, 13, 14 e 19, 20 e 21 de xullo de 2019, co obxecto de reforzar a dinamización comercial e hostaleira de Arteixo. Consultar Bases   (13/06/2019) Pistoletazo de saída á XIV Edición do Concurso «de [...]

Onde mercar gasolina barata en Arteixo en 2019

Por |08-01-2019|Tags: , , |

En xaneiro subirá o prezo da gasolina, chegando a máximos históricos. Isto é culpa dun novo gravamen que entrará en vigor en 2019 e que afectará moito a Cantabria, Madrid, Euskadi e Aragón entre outras comunidades autónomas de España. Por fortuna, parece que aínda que esperásemos unha súbida de arredor de cinco céntimos por cada [...]